«No teatro é imprescindible a axuda institucional»

Benigno Lázare LUGO

LUGO

MIGUEL VILLAR

Entrevista | Damián Contreras Xunto cos seus compañeiros Salvador del Río, Mónica Caamaño, Santi Cortegoso e Sonia Rúa, escenifica hoxe en Lugo «Un tranvía de nome desexo»

17 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

?amián Contreras é un actor ourensán que forma parte da compañía Balea Branca, que estreou o pasado venres en Cangas a obra que se pode ver hoxe no auditorio, ás oito e media da tarde, Un tranvía de nome desexo , e coa que percorrerán numerosas cidades e vilas galegas. -¿Que montaxe prepararon para este clásico de Ténesse Williams? -É unha montaxe naturalista aínda que con elementos simbólicos. -¿Con cantos actores é factible montar unha obra en Galicia? -Neste caso somos oito, pero unha obra pode funcionar perfectamente cun só. No aspecto económico é outra historia: para unha compañía privada é un reto abordar un clásico e con tantos personaxes. En xeral, pode ser unha montaxe cara cun só personaxe, ou ter bastantes actores e menos presuposto. -¿En Galicia unha compañía pódese manter sen entrar na programación dos organismos públicos? -Non se pode. Para vivir de maneira digna no teatro é imprescindible a axuda institucional. Eu estiven no teatro catalán 16 anos e en Barcelona, que ten máis habitantes ca toda Galicia, unha obra pode estar en escea hasta un ano, e aquí nós en Lugo, por exemplo, imos estar un día. Nesta xeografía é imposible sobrevivir por libre. -¿Fóra de Galicia que lugares son interesantes para unha compañía galega? -Os sitios con máis cotarro teatral son Madrid e Barcelona, cidade na que estivemos a teatro cheo durante un mes con Teatro do Morcego, sen que apenas tivese aquí repercusión. Tamén hai colaboracións con Sevilla, Bilbao, Valencia e con outras cidades. -¿Hai espacio para máis compañías? -Hoxe en Galicia hai case 60 que se presentan todos os anos ás axudas á producción, e desas, 20 funcionan de forma regular. Hai saturación pero é interesante porque significa que hai desexo de facer algo.