Un «Dillei» de luxo

LUGO

OPINIÓN | O |

05 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

A PROPOSTA que Carlos Blanco e o seu grupo presentaron no auditorio, Dillei , é de entrada novidosa, e por iso, tamén se pode dicir que arriscada. Un actor coñecido de sobra pola súa capacidade de inxenio nas súas actuacións nos locais de toda Galicia e por unha ampla carreira nos escenarios galegos, atrévese agora a mesturar elementos que de por si son contrapostos, ou o eran antes de que os manipulara Blanco. O humor de taberna, a música popular, as cantigas galegas, as citas enxebres, os mitos máis galaicos, entrecrúzanse cos ritmos electrónicos e discotequeros, coa suavidade da música africana e sudamericana e incluso co flamenco, ata convertir un espectáculo visual e dunha sorpresa absoluta. Fóra do ámbito da estética, Blanco é dos que pensa que a creación aínda pode mover masas e despertar conciencias. En Dillei hai unha defensa do medio ambiente, un canto ao valor das mulleres e un recordatorio das raíces galegas, fronte á crítica ó pensamento único e á falta de liberdades. Volve pronto, Blanco.