DESDE EL ADARVE
05 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.SUPOÑO que estarán contentos os veciños da rúa Carlos Azcárraga e todos cantos residen na entrada á cidade por Teixeiro. Tamén resulta un pracer para os conductores, tanto para os de fóra como para os de aquí. A todos nos sorprende ver cada día a rúa sen limpar e as beirarrúas cheas de papeis e bolsas. Con moito esforzo podemos ler o indicador que nos informa da entrada á cidade bimilenaria e, pouco máis adiante, atopamos un cartel recuberto por musgo e moito po, que nos confirma que xa estamos na mesma cidade. Descobrimos máis dunha fachada sin pintar e, outras máis, con moita falta de pintura. Unha gran maioría están sin habitar, polo que comprobamos desde a rúa. Temos suficiente tempo para ver todo canto describimos porque estamos nun atasco. A única esperanza está nos negocios preocupados por ofrecer unha coidada imaxe o cliente. O turista, tamén o agradece.