Entrevista | Carlos Latorre Díaz O grupo vocal ofrece hoxe en Lisboa un concerto, ás nove da noite no Centro Galego, cun programa formado por panxoliñas
19 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.?evaban algo máis de dous anos sen cantar no estranxeiro e hoxe farano en Lisboa, invitados pola Consellería de Cultura. O lugar será o Centro Galego e a hora as nove da noite. O repertorio estará formado por panxoliñas tanto galegas como do repertorio tradicional. -¿Preparan de maneira especial as panxoliñas? -Depende da época. Nestas datas si que nos centramos nas panxoliñas, pero nos primeiros meses do ano preparamos a música sacra, ante a chegada da Semana Santa e o ciclo de música que hai en Lugo, e logo xa nos dedicamos ós temas máis modernos. -¿Realizarán máis viaxes para o vindeiro ano? -Estamos preparando un programa de música sacra que presentaremos o 14 de febreiro no Círculo das Artes. A Sociedade Filarmónica Lucense invitounos a cantar por primeira vez, e estamos moi contentos. Ese mesmo programa queremos levalo de xira por Galicia e por Castela, e se nos sae algunha actuación no estranxeiro, seguro que intentaremos ir. -¿Están a preparar algún disco? -Queremos gravar un disco e hai unha posibilidade gracias ó programa dos Directos da Galega , da Radio Galega. Estamos vendo cómo podemos levar adiante esta iniciativa. -¿En que consiste o programa? -É unha misa e logo varias pezas soltas. -¿Sólo voces ou Solo Voces? -Pois eu nunca lle poño o acento, pero outros compañeiros si que o fan. Depende de como se tome. A verdade é que non falamos moito deste tema, sobre se deberíamos ou non pór un til.