Asociacións de veciños

MANUEL NEIRA POETA

LUGO

TRIBUNA | O |

12 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

DESCOÑEZO case ao completo cómo funcionan as asociacións de veciños. Eu supoño que funcionarán como células autoxestionarias, anarquistas por completo. Nun sistema capitalista o proceder autoxestionario precisa de diñeiro. Estou certo que se ao día de hoxe se celebrasen eleccións municipaios ao concello, o PP gañaría as eleccións sempre coa chave, a lingua de ouro, destas asociacións por medio. Non podemos definir a Cacharro malamente como cacique e menos ao señor Xesús Vázquez a quen o mundo denomina como cacique. Cacique supoño que significa mandato por forza, il supoño que estará a xefear as agás aquil ser audaz, o incontrolado que desordea o anarquismo absoluto. Que Vázquez desexe mellorar a súa economía: home claro, como todos nós. Non obstante il debe ser de caste dos que teñen cousas que dicir e traballar pola cidade. Isto é que as asociacións de veciños hoxe por hoxe apoiarían ao PP. Se cadra mañá darían o apoio a outras forzas políticas. Teñen a palabra democrática; mañá trocarán o signo político. A política hoxendía en Galiza pode disfrutar en dous bloques moi compactos, coma en Euskadi.