DESDE EL ADARVE
26 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.POIS claro que é bo que os alcaldes da Coruña e Lugo estreiten relacións. Dúas cidades que están a un paso deben coñecerse e colaborar máis. O municipalismo que desenvolveu Francisco Vázquez coa súa cidade-estado, non é mal exemplo para un Lugo de López Orozco necesitado de infraestructuras e dotacións culturais. A Coruña apostou polas comunicacións, o tecido empresarial propiciado cunha área metropolitana e, sobre todo, por lugares para o ocio. Aquí presumimos do Breogán, alí do Dépor. Aquí da Muralla, alí da torre de Hércules; na Coruña non teñen recinto feiral pero hai auditorios, museos e grandes orquestas que faltan en Lugo. En vinte minutos chegan aquí. O da mesa dos empresarios tamén debeu ser proveitoso. Que algún constructor de alí faga el só máis casas ca todos os de Lugo xuntos non quere dicir que deixen de colaborar ou non haxa complementariedade.