Sentencia ben inxusta

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

TRIBUNA | O |

06 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

OUTRA VEZ andamos escandalizados cunha sentencia penal. Non se preocupen que nesta ocasión ninguén sairá para dicir que hai que reformar ou acabar cos xuíces. ¿Non se di iso cada vez que un xurado falla dúas veces? Ben, pois resulta que a Audiencia de Barcelona acaba de deixar desamparado a un traballador que quedou tetrapléxico en accidente laboral. Fundaméntase a sentencia en que «o traballador aceptou dito traballo, colocándose así, voluntariamente, en situación de risco». A mesma recoñece, en cambio, que efectivamente non existían as mínimas medidas de seguridade que esixe a lei. Total, dito doutra maneira, que a sentencia vén a concluir que cando ó empregado lle dixeron: «Eh, ti, Enrique, sube aí e remata eso». El debeu responder: ¡Tararí que te vin! Pero claro, comer hai que comer. O mundo laboral está como está. O desemprego subiu en case sesenta mil parados máis¿ ¡Como para responder mal! ¿E agora que? Na palabra «penal», que tanto recalcou un dos ponentes, seguramente estea a clave. Porque ó accidentado só lle queda agora a vía civil para recibir unha compensación. Esta vez económica. Algo que parece insuficiente