Por qué non se bota pan

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

TRIBUNA | O |

19 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

UN AMIGO, aínda labrador, comentoume que moito millo había. Non así pan, que xa case non se bota, dixo. Outro, un muiñeiro, non hai moito confesoume que a metade do pan que se comía non era bo. É máis, dixo que debía ser de pataca ou quén sabe demo de qué. Diríao por esas barras que se fan maiormente nas cidades grandes e que se deixan retorcer coma un trapo mollado. Abondando no tema, preguntouse cómo o negocio do pan podía dar para tantas panaderías xuntas. Pois unha de dúas: ou só comemos pan ou ese producto tense que producir a moi baixo custo. ¿Como? Ogallá fora non restando calidade. Polas terras vese o millo, si. Parece que porque o gando cómeo moi ben e alimenta moito. En tempos facíase unhas tortas de millo branco que debían saber tan ben que aínda hoxe os máis maiores falan delas con sabor. Pero, por qué en Galicia se está botando tan pouco pan. Comer, cómese. Andei a preguntar e dixéronme que porque daba moito chollo e hoxendía apenas hai xente no campo para segalo, mallalo e despois inda levalo ó muíño. ¡Co ben que se pasaba, segundo lembran, o día da malla! Por certo, nestas datas habíamos estar todos neso.