Avisos da Unesco

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

19 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A UNESCO vén de chamar a atención ás autoridades de Ávila sobre a construcción dun edificio novo de ladrillo ó pé da muralla e do casco histórico, declarado patrimonio da humanidade. O organismo de Nacións Unidas ameazou ó concello abulense con retirarlle a denominación de cidade patrimonio. Nin o nome de Rafael Moneo, o arquitecto da nova construcción, é quén de persuadir ós técnicos da Unesco. Non sei en que rematará o asunto, pero é un aviso que Lugo debe ter en conta con respecto á Muralla. Xunto ó monumento lucense non se deben facer máis aberracións urbanísticas, por moi bos proxectos que se presenten. Hai unha zona por desenvolver, que é a do Carme, e merécese un urbanismo máis humano e decente que o que se fixo neste cidade no último século. Hai que pór en valor o que temos e non pensar en ladrillos para o noso casco vello.