Estradas, igual a industrias

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

TRIBUNA | O |

06 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

OUTRA VEZ máis un estudio revela que a provincia de Lugo está quedando por trás da de Ourense. Ámbalas dúas xuntas nin sequera chegan a sola dos zapatos de A Coruña e Vigo. Os dous centros neurálxicos da industrialización galega. Resulta que preto dun oitenta e cinco por cento das empresas que máis facturan atópanse situadas na area de influencia da autoestrada do atlántico que une Ferrol con A Coruña, Santiago, Vigo e Portugal. Vendo esto no mapa, os lucenses mordémonos as uñas. Logo preguntaranse inda algúns como é que nós solicitamos non unha nin dúas, senón alomenos catro autovías. Eso permitiría o desenrolo da industria que temos e, asemade, abriría posibilidades para que veñan outras. ¿Non queremos acabar co paro? Haberá que crear tecido industrial. ¿E como se crea? Dende logo non sei si é bo seguir enchendo de xente o Edificio Administrativo. Fíxense que para encontrar a unha empresa lucense no ránking das que máis facturan temos que baixar ata o posto trinta e nove. De aí ó cincuenta e seis. Magoa que a primeira industria que tiñamos aquí estea desaparecendo. Saben cal, ¿non? Eso si, aumenta a superficie de monte.