Cousas estrañas

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

05 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

LEO Ó novo concelleiro de Medio Ambiente que di que vai pechar o acceso que se fixo dende a Volta da Viña ó parque que se está a facer en Acea de Olga. Un cando se achega á rúa Santiago xa ve a desfeita e a incongruencia do que ordenou facer un camiño que morre en plena estrada. Son desas cousas raras que acontecen e os cidadáns se preguntan por qué pasan, e máis cando logo se dá volta atrás á primeira decisión. Outra desas situacións que deixan a un pensando é a mellora dos xardíns na mediana, ou no que queda dela, da ronda das Mercedes. Tras poñer unhas flores e mellorar un pouco a situación, agora levántase todo como se dunha excavación arqueolóxica se tratase. O mesmo sucede cando se levanta unha rúa para meter canalizacións, e un ano despois vólvese a facer o mesmo para meter non sei que tubo. Son as cousas estrañas de cada día.