Seguridade vial

LUIS ÁNGEL LAGO LAGE

LUGO

TRIBUNA | O |

24 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A SEGURIDADE na circulación é un aspecto primordial do servicio que debe prestar a rede viaria e debe ser obxectivo prioritario do Ministerio de Fomento. Para explicar o elevado índice de siniestralidade o Goberno recurre unicamente á causalidade dos automovilistas (velocidade, alcohol, adiantamentos,...), pero tamén existe unha relación causa-efecto entre o estado das nosas estradas e o incremento dos accidentes de tráfico, que cada día presentan cifras máis alarmantes. A Asociación Española da Carreterasinala que o estado das nosas estradas é deficiente e que están moito pior que no 1999. Estudios recentes de empresas revelan a incidencia que en Galicia teñen a chuvia e o mal estado das estradas no elevado número de accidentes. Poderán ser números estatísticos, pero non deixa de ser unha dramática realidade, cando dicimos que as estradas en Galicia cobraronse no 2002 a vida de 353 persoas e 90 na provincia de Lugo. O Goberno non parece considerar que tralos moitos accidentes, ademáis dos factores humáns, sempre importantes, hai outros da súa exclusiva responsabilidade: mal estado do firme, deficiente sinalización vial, o gran número de puntos negros, ou a paulatina reducción de efectivos da Garda Civil de Tráfico.