TRIBUNA | O |
21 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.UN PALÍNDROMO dos que gusta ou gosta Gonzalo Navaza: Amoraroma. Atenas igoal a Ágora igoal a Foro romano. Centro de fabulación e de concertación democrática. A concertación primaveral das macieiras do poeta castelao Claudio Rodríguez. Esparta igoal a concepto de dominación entre cidades-Estado. Concepto claramente militarista. Idade Media: Dominio do señor feudal. Concepto militarista por excellence . O ideal: o monxe-guerreiro. O agromar da burguesía pero fundamentalmente dos gremios, ocorre no Medioevo e en especial no mundo gótico. A nobreza é a nota predominante do Humanismo-renacentista. Concepto de poder por medio do comercio «guerra». Somente o Medioevo era unha idade centrosa e fundamental polo papel da sempre ambivalente Igrexa como signo de poderío cultural. Lóxicamente os burgueses conflúen como caste social e dexeneran na propiamente dita Revolución Burguesa. Canto ás elites orteguianas-primoriveiristas están subsumidas no produceso dun socialismo vivo en Alemania que aglutina ás bases, á plebe ou vulgo como factor social.