DESDE EL ADARVE
11 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.A CONSELLERÍA de Sanidade acáballe de responder ós sindicatos polas críticas a un tema xa recurrente tódolos veráns: o peche de plantas e reducción de camas durante o estío. Entre os argumentos para xustificar a medida, aparte da lóxica disminución de doencias respiratorias (ahí teñen razón, pero tamén medra a salmonella), di que non se poden substituír especialistas de alta cualificación como anestesistas e cirurxáns, pois non están dispostos a traballar no verán. Tamén di que hai pacientes crónicos que prefiren agardar a que o seu especialista volte das vacacións. Miren, eu valoro a sanidade pública. Certas áreas son excepcionais e a maioría funcionan razonablemente. Pero os pacientes non temos culpa de que non haxa médicos. Paciencia temos abondo. Xente debería sobrar nas facultades, se lle deixan entrar no clube. E que teñamos que esperar por eles, non mellora as listas de espera.