DESDE EL ADARVE
06 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.OS GOBERNOS dos concellos de toda España afrontan un novo mandato cun tema aínda pendente por tratar e definir, aínda que hai declaracións de intencións. Trátase do reparto do pastel orzamentario. Os municipios xestionan un 14% de todo o orzamento do Estado, cando sempre son os primeiros receptores de queixas dos veciños e ofrecen uns servicios de atención social e cultural básicos para a cidadanía. A desigualdade é profunda, pero estamos antes un tema político importante. ¿Quen debe perder cota orzamentaria? As autonomías teñen unhas competencias e o seu obxectivo é mantelas e aumentalas? O Estado ten medo a ceder de máis. E no medio concellos e as deputacións. Os alcaldes e edís deben lidiar día a día cos veciños e dar explicacións e solucións sen a penas ter cartos para facer fronte ás demandas. O futuro dirá quén se leva a cereixa do pastel.