DESDE EL ADARVE
23 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.DARLLE UN repaso ós títulos que se poden ver nas salas de cine de Lugo é desesperante para os que amamos e queremos o bo cine. Non só polas películas, de ínfima calidade, senón porque acaparan as salas e non permiten a exhibición doutros filmes. Sei que estamos nun mercado libre e que a demanda é a que manda, pero dá pena ver que a nova película de The Matrix está en tres locais e X-Men 2 en dúas salas, mentres títulos cun pouco de decoro artístico pasan desapercibidos ou simplemente nin se estrean en Lugo. Ante esta carencia da iniciativa privada, estaría ben que a pública (Concello, Universidade, Deputación) apoiarán uns ciclos de cine decentes. Caixa Galicia, Fonmiñá e Valle Inclán son dos que tentan mellorar a situación. Espero que o proxecto Lugo Cultural teña en conta os ciclos de cine que as salas nos privan.