Pese á súa xuventude, José Espín leva na política de As Nogais desde 1979. No primeiro mandato acadou maioría simple co BNG, e catro anos despois obtivo seis dos once concelleiros co PSOE. Logo presentouse como segundo de José Luis Coedo e agora volve encabezar a lista dos nacionalistas. -No PSOE as cousas facíanse ben ó principio, pero logo non compartín inversións e plantexamentos, con 40 millóns para a pequena pista de tenis. Fíxose unha xestión oscura e personalista. Hai moita reuma no Concello. Aventuro un triple empate. -¿Que infraestructuras precisa As Nogais? -O turismo rural non é a panacea, pero é máis necesario atender ó sector primario, os servicios sociais, eliminar vertedoiros incontrolados, asfaltar estradas e completar a electrificación. No vecindario respírase un elevado nivel de crispación.