«Un dos proxectos necesarios é a amplicación do parque industrial»

La Voz

LUGO

Antonio de Dios confesa que «a xente de Meira necesita un cambio». Sábeo porque vive e traballa nun concello ó que se presenta por primeira vez como cabeza de lista de Iniciativa Galega. -Ampliar o polígono industrial, crear un xeriátrico público, mellorar os servicios sanitarios, crear aparcamentos na vila, revisar os recibos da contribución e evitar que nos sigan deixando sen servicios en Meira, como pasou cos gandeiros e os de incendios. -¿Que lle reprocha ó PP do seu goberno? -A moita xente non lle gustou o que se fixo cos plans de urbanismo, nen tampouco a nós, que xa criticamos moitas veces os erros no proxecto. Os cidadáns queren que os teñan en conta para abordar moitos temas, e iso é o que queremos facer. Sería importante ter xuntas veciñais.