Teatro afeccionado

| SUSO VARELA | |

LUGO

DESDE EL ADARVE

19 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

REMATAN OS catro anos de goberno e non se levou a cabo uns dos proxectos máis interesantes que tiñan preparado dende a Concellería de Cultura, unha Escola Municipal de Teatro. Si conseguiu este goberno crear unha serie de ciclos teatrais de todo tipo e para tódolos públicos, e que tivo como colofón a Mostra de Teatro Cidade de Lugo, onde participaron os grupos teatrais da capital, nun esforzo precisamente por amosar o traballo que realizan as compañías lucenses. Sería bo que o goberno que saíse das eleccións continuase coa política asentar os certames teatrais promovidos durante os últimos anos, e dar o paso para unha escola local, na que poderían participar os alumnos dos colexios. A sede podería estar nun lugar céntrico e programar cursos para crear un gusto polo teatro ante tanta barbarie cultural que se ve noutros medios de expresión.