Puntos no corazón

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

10 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

CANDO SE fala de puntos negros nas estradas é algo constatable, xa sexa pola orografía da zona, pola falta de visibilidade, por ter unhas condicións climatolóxicas específicas, ou por ser un cruce de travesías que o fai perigoso. Os que somos conductores sabemos os lugares máis tráxicos da provincia, pero tamén debemos saber que en condicións normais moitos dos sinistros que se producen se poderían evitar. Os que licitan e contratan proxectos ou obras de estradas deberían ter sempre o maior coidado para evitar eses chamados puntos negros, pero tamén os que circulan cos vehículos teñen unha responsabilidade. Os sinais de tráfico para algo están, non son meros adornos. O costume e o dito de «conozo ben esa estrada» non son suficientes para non facer caso dos avisos. O día menos pensado seremos nós os que podemos crear puntos no corazón.