?eva casi corenta anos na política municipal e presume de ser un alcalde capaz de ir en contra de proxectos de distintas administracións con tal de defender a postura dos seus veciños. É Manuel Belón, candidato do PSOE por Cervantes. -Pois parece que si. Pero creo que despois deste mandato non me volverei presentar. -¿Xa ten sucesor? -Non. Non teño nada mirado. -Media vida no concello, ¿de que se sinte máis orgulloso? -De todo. Nunca tiven un problema grave. Fixéronse obras, alquitranáronse pistas e fóronse facendo cousas. Agora quedan pendentes alumeados e poñer alcantarillados nalgúns sitios. Non teño queixa dos investimentos. A Xunta vainos dar 22 millóns de pesetas para o vial de Noceda ó Portelo, e a Deputación non se portou mal. Sempre defendín o que o pobo quixo no seu momento.