LAS IDEAS | O |
05 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.PARA EU-IU non pode existir seguridade pública se non é nun marco democrático de exercicio de liberdades, e caso de darse conflictos entre unha e outras, a primacía debe corresponder sempre ás liberdades. Benestar e protección social, por unha banda, e seguridade, por outra, son conceptos complementarios. Non poden existir políticas de seguridade eficaces nunha concepción democrática se non se erradica a pobreza, o paro, a siniestralidade laboral, a xenofobia, o racismo, a exclusión social mediante políticas activas de emprego, de integración social, de extensión dos dereitos e a protección social. España é un dos países europeos cunha taxa de criminalidade rexistrada máis baixa. O preocupante é que desde que o PP chegou ó poder en 1996, a taxa de criminalidade europea está descendendo mentres que a española aumenta. O goberno do PP, responsable dunha parte considerable do desmantelamento da protección social, pretende resolver os efectos sociais desa desprotección alentando a sensación de desconfianza, de sospeita e de medo. Separa o delito, e o medo ó delito, para xustificar o seu modelo antisocial, conservador e autoritario. Desde EU defendemos que as rúas, as cidades, son para vivilas e disfrutalas de xeito colectivo, Hai que buscar solucións á inseguridade alimentaria, á laboral, á educativa e sanitaria, á falla de pensións dignas, á dunha insuficiente prestación ó desemprego, á exclusión social ou a falla dunha renda básica digna. Cidades tolerantes, resultado da diversidae e dunha nova identidade cidadá.