TRIBUNA | O |
02 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.PASAMOS da época onde estabamos a falar de cómo afondar nas liberdades, cómo ser máis tolerantes e facer unha sociedade aberta, a outra, esta, onde todo iso é case utopía. De debatir cómo ser mellores pais ou profesores ou de qué maneira respectar mellor ó que pensa de distinta maneira ca nós, pasamos a insultar ó contrario. Atrás vai quedando a etapa do politicamente correcto e diante temos xa a dos desafíos e represións varias. Algunhas moi sutís, case imperceptibles, pero que si perciben, en cambio, os afectados. Os casos son distintos e van en aumento. Abondará con dicir algúns: Non debera ser descoñecido as dificultades que sofren os medios de comunicación para entrar nun organismo público e recoller as opinións dos usuarios ou funcionarios. E qué me din deses globos sonda que lanza o Goberno para saber cómo reaccionamos. Falo deste último que afectaría ó dereito a manifestarse contra unha guerra como a de Iraq. Os que fixeron fotos das de Lugo, que as garden.