TRIBUNA | O |
25 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.IMOS quedar tamén sen gandeiros porque a todos os atrancos propios, súmase o abandono da administración galega e a dictadura que impoñen as industrias leiteiras. Por certo, as que despois importan leite dende Francia ou Portugal. Por outro lado, quéixanse con razón os gandeiros de que non teñen máis que trabas para poder desenvolver unha labor básica para manter con vida o noso campo. ¿Ou é que se queren converter a Galicia nun campo de golf? ¿Non é certo, acaso, que cada vez son máis as terras que non se traballan, os arredores sen desbrozar e os cortellos que se pechan porque non poden sobrevivir? ¿E que non hai ninguén que o diga en Europa? ¿Como vai sobrevivir un gandeiro se non lle pagan máis ca 0,28¿ polo litro de leite? Habería que preguntarse cántas vacas hai que ter para saír adiante. E iso sen contar aínda con outras dificultades, como as que sofren os transportistas do leite para poder meterse polos camiños adiante. ¡A ver si non habían de estar ben acondicionados polos concellos! Están a outras cousas, claro. Como din os labregos e gandeiros: impostos non faltan, pero facer non hai quen faga nada de xeito. redac.lugo@lavoz.es