TRIBUNA | O |
08 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.ANTE A inmoral, inxusta e ilexítima agresión que se está a levar a cabo contra o pobo iraquí, as persoas traballadoras non podemos gardar silencio; non podemos mirar cara a outro lado cando, co apoio do goberno do PP, estase a producir un auténtico xenocidio contra un pobo que leva sufrindo dende fai anos un brutal bloqueo e máis de padecer as tropelías dun tirano. Por eso, dende a MCA-UGT de Lugo e Lemos facemos un chamamento ós traballadores dos sectores do metal, construcción e afíns a secundar a folga, convocada pola UGT e CIG, que terá lugar mañá, día 10. Os obxectivos desta folga son rexeitar e denunciar a masacre e os atentados que os gobernos dos Estados Unidos, Gran Bretaña, España e os seus aliados están a cometer contra os dereitos máis básicos do pobo iraquí, así como rexeitar as consecuencias laborais e ecnoómicas da guerra, que van afectar directamente ós traballadores e traballadoras.En definitiva, o obxectivo final é retomar e ensalzar os valores da paz, da igualdade e da liberdade e solidariedade internacional, algo que nunca se debera ter truncado como algúns fixeron.