DESDE EL ADARVE
31 mar 2003 . Actualizado a las 07:00 h.SE FAN caso o nome desta sección e dan un paseo pola muralla poderán ver o estado lamentable no que se atopan moitos solares, cheos de silvas, materiais de construcción ciscados, lavadoras e demais porcallada para máis gloria dos turistas que nos visitan. Se desexan pasear e aproveitar dunha tarde de lecer xunto á fabrica da luz, no paseo fluvial, en vez de poñer a tortilla sobre as mesas, terán que facelo sobre herbas e silvas. Os conductores que entran na cidade, xa sexa polo Ceao ou pola estrada da Campiña, poderán ver unha paisaxe desoladora. Incluso un cartel onde se anuncia que somos cidade bimilenaria, pero o problema é que non se ve pola suciedade que o tapa. Hai cuestións de imaxe que se deberían coidar. Os primeiros en facelo deberían ser as administracións, dando exemplo e obrigando ós propietarios a adecentar solares, e cando son propios, pois que menos que melloralos.