TRIBUNA | O |
22 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.UN PROBLEMA máis co que en principio non contaban moitos dos pequenos concellos de Galicia é o da supresión do servicio de urxencias ó quedaren integrados nun PAC (Punto de Atención Continuada). Sería interesante saber en qué se mellorou a calidade do servicio que xa se viña prestando antes de que se apostara por este novo sistema. A resposta é contundente: alomenos en canto ó usuario se refire, en nada. ¿Por que? Por algo tan simple como que se o estado no que se chega require de atención especializada e aparatos axeitados (cos que aínda non se conta nestes centros) automaticamente ese enfermo será remitido a un hospital. Qué fixemos entón: perder un tempo de ouro. Pero o que máis sorprende é que tampouco a atención dispensada a eses outros casos de menor consideración dista moito da que se recibía antes. ¡Tanto dar voltas para nada!, expresa a xente contrariada. Enfadados, moitos engaden que agás algún alcalde, os demais tragaron coa medida imposta dende a Xunta. Precisamente por iso, nada menos que os de Triacastela, Samos, Paradela, O Páramo ou Láncara, quedaron incluídos no PAC de Sarria. ¿Pero onde está o hospital? redac.lugo@lavoz.es