SUSO VARELA A ENTREVISTA Antonio Vázquez, novo presidente da Cofradía do Buen Jesús
05 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Antonio Vázquez Castelo é o novo presidente da Cofradía do Buen Jesús, en sustitución de Francisco Pérez Jaspe, que presentou a súa demisión por motivos persoais. Por primeira vez na directiva haberá unha muller, a directora do Centro de Artesanía e Deseño, Francisca López. -¿Que significado lle dá a esta decisión? -O Centro de Artesanía restaurou os nosos pasos e quixemos incorporar a Francisca, porque a muller debe estar na xunta directiva. Gracias a elas, puidose manter a nosa cofradía e queremos impulsar a súa participación nas actividades que facemos. -¿Que ideas ten para o futuro da cofradía? -Mantemos contactos con outras cofradías do norte de España que teñen unhas imaxes parecidas ás nosas. Iremos á reunión que haberá en Ponferrada. No futuro gustaríanos reunilas a todas en Lugo. -¿Con que obxetivo? Sería importante para promocionar a cidade e a Semana Santa luguesa. Esta celebración pode traer moitos visitantes á nosa cidade. -¿Ten palabras para Francisco Pérez Jaspe? Foi un presidente exemplar. Revitalizou a cofradía e eu seguirei pola mesma liña.