LETRAS
16 mar 2001 . Actualizado a las 06:00 h.Os escritores Xosé Carlos Caneito e Miguel Anxo Fernán-Vello coincidiron onte en sinalar que a boa literatura debe reflexar a condición humana, aquela que se esconde detrás da realidade. Os dous participaron na primera das conferencias que sobre os escritores galegos organiza Caixanova no Círculo das Artes. O ourensano Xosé Carlos Caneiro, autor de Ébora -Premio Blanco Amor-, explicou que a labor dun escritor «non é a de facer historia, trazar argumentos e fiar tramas, senón a de crear arte a través das palabras». Para poder conseguir ese obxetivo, indicou que un novelista debe ter certas doses de talento, de formación e «no meu caso de disciplina, porque un pode escribir un texto coa improvisación, pero sempre se necesita do traballo e do esforzo». Pola súa parte, Fernán-Vello afirmou que a literatura debe falar dos valores universais da vida, como a morte, o amor, o paso do tempo, en definitiva a existencia. «Logo xa veñen os puntos de vista, as estéticas e os estilos que cada un crea máis necesarios para chegar a ese fin», sinalou o autor de libros de poesía como Memorial de brancura ou Poemas da lenta nudez. A próxima conferencia dentro do ciclo que organiza Caixanova será o 30 de marzo. Xurxo Souto e Xesús Alonso Montero falarán sobre o coñecemento que teñen os galegos da súa propia literatura.