«Á xente quere comprar e vender, se ven algún risco bótanse para atrás»

c.c. monforte / la voz

SOBER

Iñaki Rodríguez ten 27 anos e quere vivir da apicultura. Este veciño de Sober aprendeu de pequeno a traballar coas abellas porque o seu tío tiña colmeas. Deixouno mentres estudaba e agora está no proceso de ir incrementando ano a ano a produción ata chegar ao nivel de ingresos que lle permita adicarse só a isto.

-¿Vostede aínda non vive exclusivamente da apicultura?

-Para poder vivir disto hai que ter polo menos catrocentas colmeas. Pódese conseguir só coa metade se lle encontras saída ao mel vendéndoo ao por menor, porque así pódeselle sacar sete euros a cada kilo. Se non vendes directamente ao consumidor, senón a empresas que o distribúen ou o envasan elas directamente, entón pagan de 2,70 a 3 euros por kilo, en función do tipo de mel.

-¿Cantas colmeas ten?

-Teño 86 en produción e outras coas que fago cría de raíñas.

-¿Estudou específicamente para traballar como apicultor?

-Non, pero levo desde os nove anos falando coas abellas, cun tío meu que tiña colmeas. Quedeime con sete colmeas del. Con 20 anos deixei o negocio da apicultura, e agora estouno recuperando. Empecei cun enxamio que me regalaron e despois fun divindindo. En principio, a miña idea era só ter mel para a familia, pero isto gústame.

-¿Sober é unha boa zona para a apicultura?

-Moi boa. Teño as colmeas fundamentalmente na ribeira do Sil e tamén algo no Cabe. Non xea e sempre hai floración.

-¿Por qué non hai máis xente nova nese traballo?

-O negocio da xente é comprar algo e vendelo cunha marxe de ganancia. Se ten algún riso, botanse atrás.