Organizan en Sober unha ruta nocturna con motivo do 125 aniversario da morte de Rosalía
SOBER
A asociación cultural O Colado do Vento conmemorará o 125 da morte de Rosalía de Castro cunha ruta nocturna de sendeirismo que se levará a cabo o día 20 e que incluirá un recital poético e actuacións musicais. O percorrido levarase a cabo na zona dos muíños restaurados do río Xabrega, onde desde hai varios anos está acondicionada unha ruta que leva ata o embarcadoiro dos Chancís, á beira do Sil. Os participantes reuniranse ás dez da noite na praza do Toural, en Sober, e tomarán uns pinchos antes de iniciar a camiñada, o que se fará sobre as once da noite. Para participar no percorrido é preciso inscribirse antes do día 19 chamando ao número de teléfono 636????129????233 ou enviando unha mensaxe aos enderezos de correo electrónico paulaverao@hotmail.com e javivivirido@terra.es. Outras iniciativas Este percorrido nocturno é o cuarto deste tipo que promove a asociación cultural de Sober. Estas iniciativas figuran entre as primeiras experiencias de sendeirismo nocturno que se levan a cabo na zona sur da provincia, xunto cos percorridos pola serra do Courel que organiza desde hai varios anos a asociación Fonte do Milagro e outra ruta que se levou a cabo recentemente no municipio de Pantón por iniciativa da concellería de Cultura.