Sober, sitio distinto

BASILIO COBO

SOBER

SECCIÓN | O |

17 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

REMATOU o verán, pasou o outono, estamos en pleno inverno e temos o equipo de goberno do PP traballando a treu para solucionar os problemas sufridos no verán. Primeiro: o grande problema de Sober son as piscinas, que nos venden cada vez que hai eleccións. Primeiro dísenos que non se rematan por non sei que problema con quen e con quen non. Logo, que cómpre máis terreo, e volven as sorpresas de costume: o terreo que se compra é dunha prima da alcaldesa. O contratista das obras compra un terreo lindante para pasar os desaugues. Non sabemos se é un benefactor do pobo ou se hai algo máis. Segundo: pasamos un verán con cortes de auga diarios e gastamos os cartos en desaugues para a auga que non temos. No último pleno fálase da posibilidade de bombear auga da cloaca do Cabe, da depuradora, do regato próximo á depuradora. Non sabemos se pensa traer auga reciclada crendo que somos plantas de invernadoiro. Cuestiónase a apertura de rúas adxacentes ás casas sociais e seguimos coas mesmas maneiras: reunións individuais con cada propietario. E tamén nos preguntamos pola relación da alcaldesa con ese novo empresario turístico, grande benefactor, ao que se alugan sitios turísticos como Cadeiras e o embarcadoiro da Abeleda.