TRIBUNA | O |
01 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.POUCO a pouco, os municipios do sur lucense vanse dotando de modernos centros xeriátricos. Localidades como O Incio e Sober contan con eles desde hai pouco tempo, Pantón e Monforte esperan telos dentro de non moito... Qué situación tan peculiar a do sur lucense e a de todo o interior de Galicia, onde a apertura destes novos e acolledores asilos, máis que un avance no benester social, segue parecendo unha ameaza. Porque a pesar dos saltos de euforia que dan tradicionalmente os alcaldes cando logran que se constrúa un xeriátrico no seu municipio -o voto da terceira idade pesa moito, evidentemente-, ver inaugurar aquí un destes edificios non resulta nada tranquilizador. O tempo segue pasando, nestas terras as cousas están mudando moi despacio e non se ven de momentos melloras suficientes como para non imaxinar unha paisaxe sombría daquí a uns anos: asilos modernos e luminosos rodeados de aldeas vacías, campos abandonados e fábricas pechadas.