Peche temporal do pantalán da Cova e nova parada en Sober

La Voz

SOBER

16 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

?s obras de reforma que se levan a cabo na praia fluvial da Cova, no Saviñao, non permitirán por agora que o catamarán da ruta dos Peares realice unha escala neste punto, como facía o pasado ano. Os responsables do servicio estudian a posibilidade de trasladar esta parada a un embarcadoiro privado situado na localidade de Pincelo. A ruta do Canón do Sil, polo contrario, conta este ano co novo embarcadoiro dos Chancís, habilitado recentemente no municipio de Sober. O barco monocasco da Deputación, que percorre este itinerario, fai unha parada no pantalán dos Chancís para que os seus pasaxeiros poidan disfrutar da área recreativa construída no lugar antes de iniciar o traxecto de regreso a Doade.