A vida de Celestino Torres foi, paradoxicamente, una loita continua contra a participación no mundo da política, unha resistencia á que só renunciou cando na súa familia lle dixeron que estaban dispostos a asumir o custo que sempre supón esta actividade. Foi regresando a Monforte despois dunha cena en Neiras (Sober) unha crúa noite de inverno. Acabábanlle de pedir que se volvera a presentar á alcaldía. «A miña muller, que xa estaba algo cansa dos sacrificios da vida política, díxome que me animase, que nunca máis me pediría explicacións. Como eu, ela nunca soubo dicir que non». Torres iniciouse na políttica da man de UCD precisamente porque llo pediron amigos ós que non lle podía negar esa satisfacción. Nin sequera se lle pasara pola imaxinación ser alcalde. «Nunca pensei que superaría o horror da guerra civil. Deixoume recordos moi malos. Vin como as inimizades políticas podían custar ata a vida», rememora. Ó final o tempo foi borrando temores e principios. Cando menos, sustituinos por outros. «Unha persoa non pode ser un robot, hai que vivir socialmente».