Decenas de persoas participan nunha concentración crítica cos proxectos en marcha nos arredores da Serra do Courel
06 jun 2021 . Actualizado a las 12:33 h.Decenas de persoas participaron este sábado en Quiroga nunha concentración de protesta polos proxectos de construción de parques eólicos nos límites da Serra do Courel e na veciña comarca de Valdeorras. Convocados pola recentemente creada plataforma Eiquí Eólicos Non, os participantes manifestáronse ás 12 do mediodía na praza da Constitución. Os organizadores explican que a súa intención é protestar pola falta de transparencia e información que ven nestes proxectos. foto roi fernández