Quiroga amplía o programa dos campamentos de verán

quiroga / la voz

QUIROGA

O Concello de Quiroga ampliou o programa de actividade dos seus campamentos infantis de verán, que se desenvolverán entre o 1 de xullo e o 30 de agosto. Segundo explicou a concellería de Educación, este ano ofrecerase unha nova actividade chamada «Repaso de verán», que consistirá en realizar un caderno e unha serie de fichas para reforzar as ensinanzas recibidas durante o curso escolar.

Os campamentos acollerán a nenos de 3 a 12 anos de idade e funcionarán de luns a venres en diferentes sesións que comenzarán respectivamente ás 10.30, ás 11.30 e ás 12.30 horas. A inscrición pode realizarse ata o día 27 na Casa de Cultura ou chamando ao número de teléfono 982 435 125.