«Filipa cos contos», un espectáculo para o público familiar en Pantón

La Voz

PANTÓN

Un momento da representación do espectáculo  «Filipa cos contos», da compañía Bandullo Azul
Un momento da representación do espectáculo «Filipa cos contos», da compañía Bandullo Azul

A sesión ofrecerase este sábado no mercado de Nadal organizado polo concello

30 dic 2025 . Actualizado a las 11:59 h.

O municipio de Pantón acollerá este sábado o espectáculo «Filipa cos contos», da compañía Bandullo Azul, dirixida ao público familiar. A función está organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) en colaboración co Concello. Con esta iniciativa, sinalan desde a primeira destas entidades, preténdese «normalizar o galego entre os máis pequenos e tamén achegarse ao público para visibilizar a súa presenza nos concellos do sur de Lugo, dando a coñecer o seu traballo».

O espectáculo ofrecerase ás 11.00 horas no mercado de Nadal que organizará o Concello no centro sociocultural. A MNL levará ademais materiais en lingua galega, como libros, láminas para colorerar e adhesivos. «Filipa cos contos», sinalan así mesmo desde esta entidade, é unha «sesión de contos tradicionais, populares e inventados» acompañados de música en directo. 

O mercado de Nadal celebrarase na praza do Concello durante os próximos días 3 e 4, de 11.00 a 19.00 horas. Haberá postos de artesanía e alimentación, así como actividades e obradoiros infantís.