FOGONAZ0 | O |
14 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.XA NON é moi fácil conseguir que a xente se anime a participar nos procesos de rehabilitación dos nosos maltratados e esquecidos cascos vellos, que, en casos como o de Monforte, padecen un abandono máis que centenario. Pero máis difícil será que a xente se anime a reconstruír as vellas casas vendo como aqueles que se acolleron aos proxectos de rehabilitación teñen que esperar meses e máis meses para cobrar as axudas oficiais. A ver se é verdade que a Administración endereza o rumbo e se acaban os atrasos na concesión das axudas.