FOGONAZO | O |
31 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.PRECISAMENTE ao mesmo tempo que o goberno local de Monforte decide galeguizar a rotulación interna da casa consistorial, vai o grupo popular e pide que nas actas dos plenos se reproduzan en castelán as alocucións que os seus concelleiros pronuncian en castelán e que ata agora eran traducidas sistematicamente ao galego. É dicir, neste concello as letras galegas entran por un lado e saen polo outro, talvez para compensar. A petición do PP baséase no feito de que algunha intervención dun edil pronunciada en castelán foi reproducida de forma inexacta en galego. O grupo de goberno, pola súa parte, alega a obrigatoriedade de redactar a documentación en galego para manter esta prática. ¿Haberá forma de buscar unha solución intermedia que contente a todos? ¿Será talvez posible introducir nas actas dos plenos o socorrido sistema dos subtítulos?