FOGONAZO | O |

05 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

MONFORTE ten rúas que a determinadas horas do día se convirten en selvas de coches mal aparcados. Camiñar por elas obriga a poñer todos os sentidos en esquivar os coches acampados enriba das beirarrúas e evitar ao mesmo tempo que te leve por diante algún conductor emperrado en canear aos que aparcan en dobre fila. Nese momentos-selva, as víctimas que van a pé acórdanse moito da grúa. Pero case nunca aparece para salvalos.