FOGONAZO | O |

24 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

VISTOS desde fóra, desde as comunidades e países prósperos, casos como o de Monforte deben de parecer ben curiosos. Unha tensa polémica, arduas xestións, unha dura batalla... por un xeriátrico. Un simple servizo público, tan imprescindible como unha traída de auga. E aquí ármase tal rebumbio que parece que o que está en xogo é conseguir un enorme complexo industrial. Pobres de nós.