FOGONAZO | O |

10 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

O proxecto da residencia da terceira idade de Monforte segue dando pé a intensos debates. Non é para menos. No sur lucense, un centro xeriátrico non só é un servizo necesario, senón tamén -e sobre todo- unha fonte de emprego de primeira magnitude. O cal dá unha idea clara da nosa situación. Pouco envexable, por certo.