FOGONAZO | O |

25 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

A concellería de Limpeza de Monforte a empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo discrepan en canto ao número de contedores de desperdicios existente no municipio. A empresa di que hai 200 recipientes máis dos que figuran no contrato. O Concello opina que non hai nin un máis dos estipulados. Sen dúbida cómpre investigar en profundidade a cuestión. ¿É posible que desaparecesen nada menos que dous centenares de contedores diante dos nosos ollos? ¿Cabe a posibilidade de que algúns veciños -ou forasteiros- se apoderasen de todos eses recipientes para utilizalos como ornamentación doméstica, por exemplo? Que non pase máis tempo sen que se aclare este inquietante enigma.