Feliz ano, estúpido

MONFORTE DE LEMOS

FOGONAZO | O |

21 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

NOUTRO tempo, o Concello de Monforte remataba o ano celebrando no último pleno de decembro un pequeno acto no que os concelleiros brindaban con espumoso para que o novo ano trouxese ao municipio saúde, prosperidade e todas esas cousas. Ás veces mesmo se repartía algún pequeno obsequio. Pero esa tradición -que se mantén en moitos outros lugares- foi desterrada hai tempo da corporación monfortina, probablemente por ser considerada hipócrita e consumista. E así, no último pleno do 2004, os representantes dos diversos grupos despediron o ano cunha acalorada disputa e co intercambio de improperios. Se os seus administrados seguen este exemplo, é posible que o próximo día 31 os monfortinos se desexen a base de bofetadas un feliz ano novo.