Reportaxe | Patrimonio histórico monfortino O antigo arquivo do pazo de Muíños de Antero, nun problemático estado de conservación, leva anos á espera de que as institucións se interesen por preservalo
18 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.? pasado ano, o pazo monfortino de Muíños de Antero converteuse na primeira residencia privada deste tipo aberta ás visitas turísticas en todo o sur lucense. Entre os numerosos elementos de interese que alberga o pazo estaca un arquivo formado por miles de documentos dos séculos XVIII e XIX, unha valiosa fonte de informacións sobre a historia local que de momento está sen explorar. Os propietarios do edificio queren que este arquivo se manteña en Monforte e que sexa accesible aos investigadores, pero as súas intencións aínda non puideron cumprirse por falta de apoio institucional e o os documentos O arquivo está gardado nunha das estancias do pazo que non conta con ningún tipo de protección especial contra a humidade nin contra os parásitos do papel e o estado de conservación dunha parte dos documentos é bastante deficiente. Por outra parte, os papeis son moi difíciles de estudiar, dado que nunca foron ordenados nin clasificados. Rosenda Yáñez, representante da familia propietaria, xa contactou hai anos coa Consellería de Cultura e co Concello de Monforte, pero estas xestións non desembocaron en ningunha iniciativa concreta para mellorar as condicións de conservación do arquivo. «Tanto a consellería como o anterior alcalde mostráronse moi interesados e abertos a negociar, pero despois ninguén nos volveu chamar e as cousas quedaron como estaban ata hoxe», explica a este respecto. «Xa recibimos varias veces ofertas para vender ou subastar os documentos e ata agora non as aceptamos, porque queremos que isto siga aquí, pero se a situación non mellora pode que acabemos cambiando de parecer», engade. Posibles solucións O alcalde monfortino, Severino Rodríguez, afirma que o goberno local ten previsto estudiar unha fórmula para garantir a conservación do arquivo e para poñelo ao alcance dos historiadores. «O arquivo está en mans privadas e por tanto sería necesario establecer algún tipo convenio cos propietarios, pero aínda non se tomou unha decisión concreta», di.