FOGONAZO CARLOS CORTÉS | O |
19 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.TEN UNHA PINTA rara. Iso non se pode negar. O Cabe leva meses que non hai quen o coñeza. Secado pola rotura das presas e patas arriba polo traballo das paleadoras, o río de Monforte presenta un aspecto que intranquiliza. Demasiada pinta de acequia, probablemente. Pero paciencia. Se medra a herba das alfombras que están colocando nas beiras e os paseos quedan ben, seguramente moitos calarán a boca e darán por bo o mal trago de ver o río transformado por un tempo nunha paisaxe marciana.