A TRIBUNA CRISTINA DE LA TORRE | O |
03 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.¿COMO SE supón que alguén pode camiñar unha vila na que non existen placas cos nomes das rúas? Con moito interese e curiosidade, seguro. Tamén preguntándolle á xente, pero o caso é que non te cruzas con ninguén. Son as doce da mañá, e na avenida hai árbores e farolas moi elegantes, pero están sós. Tamén se atopan un par de edificios oficiais (entre eles un xulgado pintado de rosa) así que debe de ser unha rúa importante. Ó final da tal avenida aparece un xardín privado con vistas á vía do tren. Fantástico, por fin averiguas que por ahí non son os Chaos. Uns multicines e un centro comercial despistan o visitante que cre estar na parte máis renovada da cidade, pero era un farol. A ferreiría da rúa do Conde é boa mostra de que en Monforte queda un pouso antigo, que non vello. Unha esencia proto-industrial da que atopamos mostras curiosas nos Chaos (¡por fin!). Rúas polvorientas e edificios rompendo a estética de casas dunha planta e corredor. Unha praza que seguro non é o que era, de feito a fonte nin sequera funciona. Tendas, talleres e almacéns con solera esperando a ser cerrados. Se nin sequera lle poñen os nomes ás rúas...