O acto celebrarase o 5 de marzo no Círculo Recreativo Cultural
27 feb 2020 . Actualizado a las 10:39 h.O escritor e xornalista chantadino Afonso Eiré presentará o 5 de marzo en Chantada o seu novo libro, A maxia da auga. Será ás 20.15 horas no Círculo Recreativo Cultural nun acto que contará coa presenza do autor e de Francisco Rodríguez, responsable da editorial Hércules, que publicou a obra. O acto será presentado por Mercedes Vázquez. Segundo os responsables da editorial, o libro «revive e actualiza os principais mitos galegos» acerca da auga, dándolles unha nova visión. A obra —engaden— contén «unhas narracións convertidas en en contos de lareira, que os traen á actualidade, con humor e sen chalecos mentais, para retratar tamén a sociedade actual á luz das crenzas do pasado».