Premios de danza para Chantada

La Voz

CHANTADA

CEDIDA

Bailarinas da escola de música municipal gañan o seu seu pase á final estatal, que se disputa en Tarragona

20 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

As bailarinas da escola de música e danza de Chantada conseguiron dez primeiros premios na primeira fase do concurso nacional Anaprode, que se celebrou esta fin de semana en Valladolid.

O palmarés de galardóns das rapazas que dirixe Adriana Míguez, ?monitora de Escene Ballet, ademais da escola de Chantada? inclúe ademais dezasete segundos premios e catro terceiros. Tamén volveron á casa con segundos premios na proba grupal «Clásico Primavera», de categoria 1; e no «Team Roar» de estilo Hip Hop, tamén de categoria 1. En individual clásico preparatorio de nivel 1, Nerea Otero López obtivo unha medalla de prata; Laura dos Santos Mosteiro fixo un bronce en preparatorio 1; e Alba López Saa conseguiu outro bronce en elemental clásico para. Tamén obtiveron o primeiro premio no grupal de preparatorio clásico coa coreografía «Yellow Submarine» as bailarinas Martina González Outeiral, Nerea Otero López, Sara Recarey Lage y Laura dos Santos Mosteiro, que se clasificaron para a final, que se celebrará en Tarragona os dias 4, 5 e 6 de maio.